Galicia sae da crise histórica #modoretrancaon

A proliferación dos tan ansiados líderes, académicos, medios de comunicación, revistas, xornalistas, dirixentes, analistas, activistas e “tertulianos” que tratan de demostrar coherente e empiricamente que é a estrutura mesma do Estado español o que está na base dos problemas estruturais de Galicia é, sen ningún xénero de dúbida, unha sinal da vitalidade insultante do nacionalismo galego e de que, posiblemente, estemos ante as portas dun verdadeiro cambio político que por fin acabe coa emigración endémica, o exterminio do tecido produtivo, a crise demográfica e a perda de galego falantes.